Wikipedia

Resultados de la búsqueda

viernes, 20 de noviembre de 2015

Imperio Napoleónico y la iglesia de Santa Madalena de Francia




   a) Observa o mapa e responde:

-Países conquistados por Napoleón:

Os países anexionados ao imperio desde 1809 foron Cataluña, os Estados Pontificios, as Provincias Ilíricas, Turín e os Países Baixos. Os estados dependentes de Francia eran España, a Confederación do Rin, o Reino de Italia e de Nápoles e o Gran Ducado de Varsovia.

- Países rivais a Francia:

Os países rivais de Francia foron Rusia e España, xa que Napoleón intentou invadirlas. Tamén Inglaterra  e o Imperio Austríaco, que loitou repetidas veces contra o Imperio Francés .

- En que países empeza a ser derrotado Napoleón:

Empezou en Rusia en 1812,  despois en 1814 perdeu a guerra contra España. Despois de estas derrotas a colisión absolutista invadiu Francia e Nápoles e Napoleón foi derrotado e desterrado.





b) Clasifica o documento:


  
- Naturaleza do documento: 
Natureza arquitectónica, esta obra é unha construción Neoclasicista datada entre 1763 a 1842 en Francia


- Tipo de fonte: 
A súa fonte e primaria xa que o monumento  non variou ao longo do tempo desde a súa contrución, e pode reflectir a forma  de edificación do Neoclasicismo francés.


-Circunstancias espazo-temporais:
A construción comezou aproximadamente en 1764 por Pierre Contant d'Ivry, aínda que co seu falecemento, será reconstruída cos planos de Guillaume Couture (1777). Por mor da Revolución francesa as obras interrompéronse de 1790 a 1805. En 1806, e por decisión do emperador Napoleón Bonaparte, A Madeleine transformouse radicalmente, refugando a maior parte do xa construído, e entre 1807 e 1828 Pierre Alexandre Vignon levantouno practicamente de nova traza, especialmente determinada polo aspecto exterior (templo períptero octástilo de orde corintia). Non se destinaría a igrexa católica, senón para Templo á Gloria da Grande Armée ('Gran Exército'), uso cívico que mantivo ata que se acabou de construír o Arco do Triunfo, que a relevou nesa función. En 1842 foi inaugurado como igrexa católica polo arcebispo de París.


-Autoría : Nesta igrexa, de máis de 50 anos de contrución, podemos destacar 3 constructores dunha das obras maestras do Neoclasicismo: O primeiro foi  Pierre Contant d'Ivry que morreu ao pouco de empezar a súa contrución, despois Guillaume Couture ata a Revolución Francesa, e por último Pierre Alexandre Vignon de acabou de construila baixo a influencia de Napoleón, que cambiou radicalmente os planos e o xa construido.


-Estilo e características: 
 A súa forma exterior é a dun gran templo greco-romano, posiblemente inspirado na Maison Carrée de Nimes, dentro dos canons  neoclasicos, a súa nave áchase cuberta por tres cúpulas non visibles ao exterior.
O detalle do pórtico de entrada  está construída sobre un alto basamento con bancadas na fronte principal, o seu perimetro está formado por un total de 52 grandes columnas de orde corintia e fuste acanalado de 20 metros de altura. Sobre a fachada de principal e de acceso álzase un gran frontón recto en cuxo interior se representa nun altorrelieve.
O Xuízo Final, unha importante obra escultórica realizada no ano 1834 por Lemaire e o seu interior organízase segundo unha ampla e única nave, tras unha zona de entrada a modo de vestíbulo onde se sitúan dous grupos escultóricos realizados por Pradier por Rude. Cunha ábsida semicircular, no presbiterio pódese contemplar a obra: A Asunción da Magdalena, realizada polo artista de orixe italiana Marochetti.



Fontes/ Bibliografía: 
Para a información da primeira parte, o libro " Ciencias sociais/ Historia 4º ESO Rodeira
Para a imaxe, o link http://iris.cnice.mec.es/kairos/mediateca/cartoteca/pagsmapas/napoleon.html
Para a información da segunda parte, http://enciclopedia.us.es/index.php/La_Madeleine_%28Par%C3%ADs%29 e https://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_la_Madeleine
Para a imaxe, https://es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_de_la_Madeleine